Probablemente o lugar con mellor relación calidade – cantidade – prezo no que estivemos xamáis. O menú é pechado e componse de 7 pratos (abundantes e contundentes) de comida caseira. O servizo rápido e atención excelente, de feito non tiñamos a certeza de que nos chegara o diñeiro en efectivo e, antes de entrar, preguntamos se podíamos pagar con tarxeta. Dixéronnos que non pero que xa lle pagaríamos outro día, que non lle déramos voltas (non nos coñecían de nada). Cando pedimos a conta… 32 euros! Dous pantagruélicos menús con bebida, postres, cafés máis dúas cañas que tomamos antes de xantar. Ao final chegáronnos os cartos pero aínda así, insistían en que xa pagaríamos. Un 10!