Pasa por ser quizáis o cruceiro máis coñecido de Galiza. Está situado no adro da igrexa parroquial do Hío. Construído nun só bloque de pedra, mostra unha excelente labra e unha rica ornamentación.
Aínda que non está clara a súa autoría, parece que os seus autores poderían ser José Cerviño García e Ignacio Cerviño Quinteiro.
Toda a obra está impregnada dun exacerbado simbolismo iconográfico, dende a basa coas ánimas do purgatorio, o fuste destinado á expulsión do Paraíso de Adán e Eva, ata a Cruz, coa representación do Descendemento. Esta escena, cargada de dramatismo, acolle as figuras de Cristo con dous homes, un a cada lado da Cruz, Madalena, Nicodemo, Xoán de Arimatea, San Xoán e a Virxe María. Todo o conxunto é obra do escultor pontevedrés Ignacio Cerviño quen o levaría a cabo cara ao ano 1872.
O retablo das ánimas é de tipo pechado coas figuras en pedra, que representan a Virxe do Carme cun grupo de cinco almiñas. Na parte esquerda aparece o Paraíso coas figuras de Adán e Eva, ademáis da Árbore do Ben e do Mal; na parte dereita podemos ver o Limbo dos Xustos.
Na parte media do varal aparece a seguinte inscrición:
“CONCEDIO 100 DIAS DE INDULGENCIAS (ilexible)
D. MIGUEL GARCIA CUESTA (ilexible)”
No medallón da base do lado dereito outra inscrición que di:
“FUE ECHA ESTA OBRA SIENDO ABAD D. JUAN ALVAREZ Y MAYORDOMO DEL SS SACRAMENTO D. FRANCISCOMONTERO (ilexible)”
A escultura é marcadamente barroca polo aire teatral que lle imprime o autor aos seus conxuntos.
Fonte: patrimoniogalego.net
Comments by admin
Monte Facho. Cangas. Pontevedra.
"fasd"
Fervenza de Brañas. Toques. A Coruña
"vzdsvzdv"
Pozo do Inferno e Castelo do Casón. Ortigueira. A Coruña.
"Ola! Desculpa por tardar tanto en respostar. Por qué zona..."
Pozo do Inferno e Castelo do Casón. Ortigueira. A Coruña.
"Ola, Andrea! Desculpa por tardar tanto en repostar. Sí,..."