A fervenza de Brañas, coñecida tamén coma fervenza de Toques, está situada neste concello coruñés e a uns 7 kilómetros de Melide. O río Furelos cae dende unha altura de 40 metros e ao carón un antigo muíño. Dependendo das datas do ano, resulta un auténtico espectáculo.
Chegar en coche é doado. Partindo dende Melide, tomaremos o desvío dirección Toques. Pasado o núcleo urbano deste concello, continuaremos durante uns 2 kilómetros ate ver o sinal á dereita con indicación “As Fervenzas”. Dende alí, seguiremos por unha pista dous kilómetros máis.
Para chegar á Fervenza de Brañas, temos tamén a opción de facer a Ruta das Fervenzas
O roteiro parte dende Toques (está ben sinalizado). Camiñaremos paralelos ao río Furelos e cara a Serra do Careón, pasando polas aldeas de Eirixe e Paradela. Despóis da fervenza, comezará o tramo de montaña adentrándonos nun espazo natural único pola súa flora e divisaremos o val que forma o río Furelos.
É unha ruta de dificultade media en canto a esforzo. O terreo non presenta demasiada complicación agás en datas de choiva que por zonas pode estar algo esbaradizo.
admin
28 Abril, 2022 — 11:46
vzdsvzdv