Un lugar bastante agochado pero que paga a pena coñecer. Para chegar, dende As Pontes, hai que ir pola estrada de Ortigueira onde colleremos o desvío cara Somede. Chegaremos a Aldea de Arriba onde podemos deixar o coche. A única sinalización que temos é unha frecha vermella no peche dunha finca, de tódolos xeitos, unha vez alí, o camiño non ten perda. A distancia será dun kilómetro ate a primeira fervenza pero hai que ir con coidadiño e con calzado axeitado.