Recunchiños na Galiza » Castros » Patrimonio

Monte Facho. Cangas. Pontevedra.

Paisaxe e patrimonio danse a man neste lugar da parroquia de Donón: O Monte Facho.  Tras a subida, descubriremos os restos dun castro aínda en excavación e dun santuario pagán.

A palabra facho fai referencia as fogueiras que se prendían para gardar a costa e de feito. No lugar atoparemos unha garita construida probablemente cos propios penedos do castro e que data do Século XVII.

A privilexiada situación ofrécenos unhas fermosas vistas da Costa da Vela, as Illas Cíes e Ons e as bocanas das rías de Pontevedra e Vigo.

Preto de aquí: Cruceiro do Hío

« »

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

© 2024 Recunchiños na Galiza. Deseño e desenvolvemento web Redeiras.net