Un espazo moi pretiño de Pontevedra con sendeiros sinalizados para facer a pé ou en bici, zonas de xogo para nenos, unha aula de natureza, un centro de recuperación de animáis e por suposto, o lago que, por desgraza, despóis de tantos meses sen choiva, atopamos moi sequiño. En calquera caso o lugar é perfecto para pasar unha xornada descubrindo os seus recunchos e a fauna e flora que alí se atopa. Ideal por suposto se vos achegades con nenos.