Un lugar de extraordinaria beleza e alto valor etnográfico. O Río Agra, ao que se lle coñece como Río Barosa ao seu paso por esta zona, baixa formando fermosas fervenzas e pozas. Ao seu carón un grande número de muíños que no seu día aproveitaban a súa auga. Os muíños están restaurados e todo está bastante coidado. Moitos dos que estivechedes algunha vez por aquí teredes unha imaxe ben distinta do lugar i é que a falta de choiva de cando visitamos o lugar,  restalle espectacularidade as fervenzas. Tamén decir que, segundo o día, pode estar bastante ateigado.