Realmente o tramo das pasarelas é so unha parte da ruta (duns 16 kilómetros) pero é a máis orixinal. Sáese dende a “Fábrica da Luz”, unha antiga central hidroeléctica hoxe reconvertida nun albergue, e descorre ao carón do río. Resulta sumamente agradable, moi axeitado para ir con nenos ou para persoas que non estean moi afeitas a camiñar.