As Pozas de Melón constitúen un deses lugares paradisíacos que podemos atopar na nosa xeografía. O Río Cerves vai caendo formando fervenzas e piscinas naturáis na procura do Río Miño.

O lugar é ideal para un fermoso paseo (sen moita complicación) ou para un refrescante baño no verán (sendo moi prudentes para non esbarar e tendo en conta que nestas datas podemos atopar a bastante xente).

Hai que falar tamén das cousas negativas, por unha banda nun dos puntos máis fermosos, atopamos unha ponte da autopista que lle resta atractivo. Por outra banda, existe un roteiro que nos leva á Fervenza do Tourón que cos incendios de outubro do 2017, quedou en bastante mal estado nalgún treito.

En calquera caso a súa visita resulta imprescindible

Preto de aquí:

Mosteiro de Melón

 Tafona da Herminia

Parque Náutico de Castrelo de Miño