Redes, un pobo mariñeiro situado na Ría de Ares que paga a pena coñecer. Se vos apetece camiñar un pouco, ao final da praia da Magdalena (Cabanas) veredes unhas escaleiras que vos levarán por un sendeiro bastante agradable e sinxelo de percorrer (aínda que con algún tramo de estrada) e dende o que poderedes acceder a varias praias. As vistas son preciosas e, cando os ides achegando a Redes, xa veredes a praia de Area Morta, onde os mariñeiros colgaban as súas redes a secar. Despóis de coñecer o pobo, o ideal é tomar un refrixeiro na praza do Pedregal onde se atopan algunhas das casas máis emblemáticas