Unha ruta chea de patrimonio natural e cultural: Esteiro de Anllóns, ensenada da Insua, Monte Branco, praia de Balarés, pedra da serpe…
Comezamos na casa natal de Pondal e camiñamos polo Paseo Fluvial e o Malecón do Couto onde atoparemos ao final un miradoiro de aves. Chegamos ao Monte Branco pegadiño as dunas e cunhas vistas fermosísimas á ensenada da Insua. A partires de aquí, xa camiñamos ao carón do mar ata chegar á fermosa praia de Balarés. Neste punto camiñaremos por estrada un pouquiño para volver coller o sendeiro que nos levará ao lugar de Gondomil onde atoparemos a Pedra da Serpe, un curioso símbolo pagán do que non se ten moi clara a orixe nin a datación e no que observamos con total claridade, unha serpe alada. No tramo final ata Corme pasaremos por varias pequenas praias cheas de encanto.
Un roteiro lineal duns 12 kilómetros e de escasa dificultade técnica.