Un roteiro absolutamente espectacular ao carón do río Castro Laboreiro e dentro do Parque Natural da Baixa Limia – Xurés. Augas cristalinas e montañas de cores conforman a paisaxe do camiño. Xa no miradoiro desfrutamos das vistas ás pozas. Unha vez alí, pódese continuar o camiño a Ribero de Baixo, xa en Potugal. Nós fixemos só o percorrido ate o miradoiro e, segundo o cartaz que atopamos ao comezar son 3 kilómetros ida e outro tantos a volta. Está estupendamente sinalizado e a dificultade diría que media – baixa (a subida é un pelín durilla)